Mac OS X, presente e futuro (I)

Fai pouco cumplianse 10 anos da saída o mercado da primeira versión de Mac OS X, a Cheetah, que marcaba un paso adiante nun sistema operativo que estaría a punto de dar un gran paso, pois sería coa versión X deste sistema operativo cando máis adeptos conseguiría, e desde entón xa pasou moito tempo e moitas versións, Puma, Jaguar, Panther, Tiger, Leopard,Snow Leopard e Lion do que se espera a súa saída neste verán. O que tentaremos nesta serie de artigos será facer un pequeno repaso a todas e cada unha das versións de MAC OS X da forma máis visual posible así como introducirvos no que será a proxima versión do sistema operativo, a 10.7.

Mac OS X Kodiac(beta)

Foi a primeira beta pública do sistema operativo que introducía moitas das melloras que logo se verían na versión definitiva, pero que tamén contaba con moitos fallos que despois se foron solucionando. O 13 de setembro do 200o presentábase esta beta que traia a interfaz Aqua con  melloras coma o Dock, a barra de menus co logo de Apple no medio, que logo pasaría a esquina, ou iconos do sistema máis grandes e detallados. Outras melloras técnicas foron a multitarea preventiva e a memoria protexida, que permitía que a pesar de que unha aplicación se colgase o resto seguisen executandose sen problemas e sen necesidade de reiniciar o equipo, evidentemente había cousas que aínda non funcionaban, como os navegadores que non viñan nativos, pero o tratarse dunha beta esto non preocupou.

Mac OS X Cheetah 10.0

Lanzada o 24 de marzo do 2001, foi a primeira versión oficial do sistema operativo que básicamente aportaba estabilidade e melloras de compatibilidade a súa beta, e o igual que esta estaba programada en Darwin, un sistema operativo baseado en Unix. Neste primeiro vídeo podemos ver a intro, que co tempo convertirase nun dos moitos símbolos de apple e de cada renovación do sistema.

Intro

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/faMRJwykeds" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Como curiosidade podédes ver coma o principio non aparece o símbolo de apple, senón unha esfera azul que en futuras versións sería modificada.

O que vemos no seguinte vídeo é o dock, unha mellora que como vimos xa viña na beta.Supón unha das bases do interfaz do sistema, pois pese a sufrir cambios, este segue sendo utilizado nos sistemas actuais dunha forma case igual.

Dock

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qB9LbalfbQ0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Neste podemos ver o finder, o encargado da xestíón dos arquivos, disco e moito máis, é a primeira aplicación coa que se interactúa o encender un Mac.

Finder

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/VLjdTp3uNW8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Nestes primeiros vídeos xa se pode ver o que serán as directrices do sistema, que se manterán constantes en todas as súas versións, eso si, con modificacións.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Other Links to this Post

  1. Galiloxía » Mac OS X, presente e futuro (II) — 10 Abril 2011 @ 6:12 p.m.

WordPress Themes